Deseño dun trivial de ciencias interactivo para encerado dixital con Smart tm.
XUSTIFICACIÓNS Ó PROXECTO
Este proxecto é concebido como un medio para formar ós profesores integrantes do grupo nas TIC e elaborar un xogo de trivial dixital aplicable na aula para repasar a bioloxía e xeoloxía a través dunha actividade lúdica e usando un entorno interactivo facilitado por unha pizarra dixital.
Xurde a necesidade deste tipo de actividade debido á inexistencia de recursos similares de carácter lúdico para a pizarra dixital na área de ciencias.
Dado que o profesorado ten polo xeral, un escaso coñecemento das TIC e das posibilidades reais do encerado dixital e do seu software específico, este grupo de traballo servirá para achegar estes coñecementos aos participantes por medio da formación externa e a través da experiencia dalgúns dos participantes que contan con formación previa na materia adquirida mediante grupos de traballo similares e que, ademáis, sustentan varios blogs educativos:
• http://www.blogger.com/www.bioxeo3.blogspot.com
• http://bioloxia2bac.blogspot.com/
• http://www.blogger.com/www.fucoterapia.blogspot.com
Existe unha necesidade apremiante de incorporar á aula e á docencia os recursos que ofrece a web 2.0 e o e-learning dun xeito práctico. Con este proxecto preténdese que estes recursos poidan ser empregados polos membros do grupo de xeito autónomo nun futuro inmediato.
A mellora continua e a excelencia na calidade docente é outra das premisas consideradas á hora de plantexar este traballo aplicado á docencia.
OBXECTIVOS DE FORMACIÓN E DE REPERCUSIÓN NA PRÁCTICA DOCENTE
1. Elaborar unha actividade de aula dixital aplicable á nosa propia práctica docente.
2. Facilitar ao alumnado o estudo das materias de ciencias dun xeito lúdico.
3. Formular preguntas de ciencias dende un punto de vista interactivo e multimedia e atendendo as competencias básicas.
4. Mellorar a alfabetización informática de profesorado e alumnado.
5. Formar ó profesorado nas TIC e na web 2.0.
6. Desenvolver e levar á práctica o trivial, froito da actividade do grupo de traballo, como actividade de aula. Cos seguintes propósitos de:
a. Testar a dinámica do xogo como actividade de aula.
b. Testar e achar posibles fallos na súa implementación.
miércoles, 22 de octubre de 2008
Etiquetas: Presentación, proxecto
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario